BIBLIOTECA

nixiweb

nixiweb - Hosting Gratis

DOCUMENTOS ECONOMIA

viernes, 9 de diciembre de 2011

O decrecemento como alternativa (Carlos Taibo, profesor de Ciencia Política)

jueves, 8 de diciembre de 2011

O SOÑO AMERICANO (The American Dream Film)



O soño americano (The American Dream Film) é un filme de 30 minutos de animación informativo e entretido creado por The Provocateur Network que mostra como USA foi estafado polos elementos máis básicos do sistema de goberno

sábado, 3 de diciembre de 2011

Trueque 2008 (Argentina)




A asociación "rede de troco" chegou a ter 1 millón e medio de socios, e vivían sen diñeiro, fixeron unha moeda de consumo chamados "créditos" para poder trocar indirectamente.

Pero claro, os supermercados axudados polo goberno, falsificaron os créditos, e caeuse, pero esta rexurdindo por que a xente viu que así podíase vivir, e mellor que no sistema do estado.

Comprar, tirar, comprar. A historia secreta da Obsolescencia Programada



Para o que non se convencese aínda de que vivimos nunha ditadura das multinacionais, e que os políticos que gobernan non son mais que os seus monicreques, aquí temos outra proba mais.

viernes, 2 de diciembre de 2011

O futuro da comida (Alimentos manipulados xenéticamente "transxénicos")



Impresionante documental sobre Monsanto corporacion, o que fixeron en EUA impoñendo os transxénicos coas patentes non ten nome, e agora estano a facer aquí, no estado español. na web de "redesenred" no grupo de soberanía alimentaria, deixarei información de onde o goberno español lles permitiu facer os seus experimentos, indicarei alimento, parcela de terreo e corporación.

Jornadas "Contra la depredación de los bienes comunes. Ciudad, territorio y capitalismo"

Jornadas "Contra la depredación de los bienes comunes. Ciudad, territorio y capitalismo"

AUDIO

miércoles, 30 de noviembre de 2011

“A crise demostrou que hai máis corrupción na banca privada”

Nesta entrevista na súa visita á Coruña, o Premio Nóbel Joseph Stiglitz explica porque cómpre unha banca pública para superar a asfixia de crédito que afoga Europa. O profesor de Columbia tamén cuestiona a viabilidade do euro.

Galicia Confidencial

O profesor Joseph Stiglitz visitou a cidade da Coruña para dar unha conferencia titulada “Pode o Capitalismo salvarse de si mesmo?” na Fundación Barrié. Antes da conferencia, un grupo de persoas da Facultade de Económicas de Universidade da Coruña foron invitadas a participar nunha reunión co Premio Nobel de Economía de 2001. Eu tiven o pracer inmenso para ser un deles.

Aquí segue un resumo da nosa conversa co profesor Stiglitz -pero por favor teñan en conta que isto non é unha transcrición literal, palabra-por-palabra.

O seu artigo 'Movéndose máis aló do fundamentalismo do mercado cara unha economía máis equilibrada'  predí a fin do fundamentalismo dos mercados. Iso foi en 2008.  Pensa aínda do mesmo xeito?

Eu respondería a esa cuestión a dous niveis. Nun primeiro nivel, a maior parte da xente na rúa sabe que os mercados non funcionarion. Pero resúltame sorprendente que a maior parte xente pareza insensible ao fracaso dos mercados; algún mesmo segue falando de marabillas do mercado! Por outra parte, o estudo da Economía segue igual. En Columbia, por exemplo, nos cursos de macroeconomía temos unha aproximación ecléctica: un semestre ensinamos expectativas racionais, para o outro ensinamos 'outro tipo de modelos '. Entón, ao final do curso, os nosos estudantes dinnos “por que malgastamos o noso tempo co primeiro tipo de modelos? ... están claramente equivocados!”. Iso é un bo principio. Non obstante, a maior parte de universidades e economistas parecen totalmente insensibles ao fracaso. Non todos eles,  (...) pero -volvendo á súa cuestión- probablemente eu era demasiado optimista aquela!

A seguinte cuestión é sobre a banca pública. A xente en España tende para dicir "non estamos a saír da crise porque os bancos non dan crédito", e daquela hai un sentimento cada vez maior a prol dunha banca pública. Pero cando miro os seus artigos para ver a súa opinión sobre o tema, atópoos algo confusos. Por exemplo, no seu artigo de 2003 'Globalización e o papel económico do estado no novo milenio' vostede di que "os gobernos non debían estar involucrados en asignar crédito ou decidir quen debería conseguir prestamos". Pero por outro lado, en varios artigos antes dese vostede avogaba a favor de crédito dirixido, especialmente nos mercados emerxentes. Daquela... vostede cre que hai un papel unha banca pública?

Déixeme primeiro explicar o meu punto de vista, porque entendo que podería ter confundido a algunha xente. Eu dicía que en mercados que funcionan ben os recursos deben sen distribuídos polo sector privado. Se os mercados financeiros traballasen razoablemente... pero xa demostraron que funcionan horriblemente! O mercado financeiro é ás veces demasiado miope. E hai probas empíricas de que a banca pública funciona: en Brasil o sector da banca pública é máis grande que o Banco Mundial, e está a facer unha gran tarefa. O Banco de Investimento europeo (EIB) tamén. Hai un historial de bancos de desenvolvemento moi satisfactorio. Eles funcionan, e os fracasos dos mercados financeiros demostran que tamén hai unha necesidade de concesión de préstamos públicos. Especialmente en dúas áreas, prestamos ás PEMES e prestamos aos pobres. Esta crise demostrou que os mercados son moi bos en explotar á xente do común...

Pero como se podería crear un banco público evitando os intereses políticos e os casos de corrupción?

Habería menos que no sector privado! Esta crise demostrou iso. Por exemplo, o único prestamista hipotecario nos Estados Unidos que era público (sen ánimo de lucro) era a US Housing Authority e foi o único que non necesitou ser rescatado! Temos un verdadeiro problema de corrupción no sector privado, non tanto no público.

En Europa os académicos están a traballar en temas como 'concesión de préstamos responsábeis'... Vostede non ve a posibilidade de que a concesión de préstamos por parte da iniciativa privada sexa responsábel?

O problema do sector privado non é a 'concesión de préstamos responsable'... é a 'concesión de préstamos depredadora'! É a concesión de préstamos bancaria máis alá da capacidade da xente tomar prestado. A maior parte bancos utilizaban baremos, cando concedían eses créditos deberían saber que eran préstamos irresponsables. Os bancos deberían ser monitorizados polas autoridades e, nun sentido estatístico, deberiamos ser capaces de medir se un banco está a dar crédito a xente incapaz de devolvelo.

Sobre a crise do Euro. Alemaña di que acepta máis coordinación fiscal, pero a curto prazo non quere eurobonos. Pero nós temos présa! Algunha solución?

O Euro non pode sobrevivir sen eurobonos e un mandato do Banco Central Europeo para buscar un crecemento estábel. E aínda que se logren os dous, non sestou seguro que o Euro sobreviviría!! Quero dicir, os custos da división da eurozona son  tan grandes que demostran que probablemente o Euro era un erro, así soamente se UE crea unha unión fiscal... entón eu diría 'merece a pena apostar', pero aínda así véxolle dificultades!). Na miña opinión, o Euro é como o estándar do ouro  entre varios países, e  o estándar do ouro fixo a Gran Depresión aínda peor. Europa pagou un prezo alto. Mire, Arxentina, unha vez fixou a paridade co dólar, logo quitouna, e despois dun ano volvía a crecer. Islandia tamén, tiñan unha crise de banca terrible pero non aplicaron as medidas de austeridade que esixen a UE aos que están no euro, e Islandia está moito mellor agora.

Esta entrevista é un resumo do texto orixinal publicado en inglés polo profesor da Universidade da Coruña, David Peón, que se pode consultar aquí. O texto do  relatorio de Joseph Stiglitz na UDC pode consultarse aquí.