Capitalisme, un itinerari crític. Entrevista a Miren Etxezarreta from marc planas on Vimeo.
O sistema capitalista, explicado dun xeito inmellorábel por Miren Etxerzarreta, catedrática de Economía Aplicada na UAB
Individualismo, agresividade, violencia, ferocidade, paradoxo do control, competitividade salvaxe, destrución do Estado de Benestar, mercantilización das relacións sociais, privatización, creba social, desigualdade, sufrimento, imperialismo, colonialismo, dominio, prepotencia, mentiras, represión, reestruturación do Estado, dominio aberto do capital sobre o Estado, ditadura financeira e industrial, tiranía. Son os síntomas do sistema político, económico e social descritos en 'Capitalisme, un itinerari crític', un documental deProduccions Itinerants realizado a partir dunha serie de entrevistas a Miren Etxerzarreta, pensionista de 74 anos, catedrática de Economía Aplicada na UAB.
Trátase, dende o meu punto de vista, da perfecta descrición do sistema capitalista; unha verdade incómoda que conmociona. 'Capitalisme, un itinerari crític' é unha obra mestra da verdade que non debe deixarnos indiferentes nin inmóbiles. Unha paisaxe escura na que sobresae finalmente a voz optimista de Miren Etxerzarreta e a súa esperanza en que se producirá unha reacción popular e e unha nova loita de clases.
Dende o tardofranquismo, Miren Etxerzarreta estivo implicada en diferentes loitas e movementos sociais, e hai anos que percorre estudios de televisión discutindo cos gurús do neoliberalismo. Os seus amplos coñecementos económicos fan da súa voz unha testemuña incómoda polas actuais políticas económicas. A través dela, este documental de media hora de duración propón unha lectura crítica do sistema económico vixente.
Extraido de Galicia Confidencial http://www.galiciaconfidencial.com/nova/9773.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario