martes, 28 de febrero de 2012
Privatizando el Mundo
O documental aborda a realidade manipulada que rodea diferentes bens, que a súa directora Carole Poliquin define como "comúns", no sentido de que certos bens non poden pertencer a entidades gobernamentais, políticas ou a individuos, senón á humanidade mesma.
O río perténcenos polo simple feito de pasar polo noso territorio?
A partir deste e outras formulacións, a realizadora denuncia a privatización e a comercialización de certos bens e servizos. Exhibe á auga como parte dun ben común que pertence, non só á humanidade, senón a un fráxil ecosistema:
Privatización da auga:
As corporacións entenden que a auga debe ser comercializada igual que o petróleo, que é lóxico "extraela de onde máis hai, e vendela a quen máis paga. Pero arguméntase que a auga é necesaria para a vida, que non se pode ter acceso á auga soamente en función do nivel económico.
Propiedade sobre as sementes:
Grandes multinacionais desenvolven unha serie de sementes e véndenas xunto cunha licenza de uso, dicindo que quen non as queira, que non as compre. Os agricultores argumentan que xa non hai no mercado outras sementes, que ademais se nacen plantas nas súas terras coas modificacións feitas pola multinacional, xa sexa porque quedan na terra doutros anos, que chegan co vento ou calquera razón, poden ser denunciados ao "incumprir" a licenza imposta.
Patentes xenéticas:
Hai laboratorios que conseguiron patentar xenes, e o xustifican alegando que teñen que recuperar o investimento realizado para "descubrir" ese xene. Calquera posible solución que afecte a problemas relacionados con ese xene, só poderá ser levada a cabo se se paga os royaltys correspondentes. Nin sequera se pode investigar sobre ese xene sen pagar.
Privatización da saúde:
Os gobernos ceden e impulsan os cidadáns a contratar seguros particulares e a usar a "saúde privada". Isto provoca que o diñeiro destinado á saúde non flúa dentro da sociedade, senón que o diñeiro público se desvía cara ás grandes compañías de seguros e a mans privadas. A saúde das persoas pasa a ser un "obxecto" de negocio. Se non tes diñeiro, terás atención sanitaria.
Patentes dos medicamentos:
Neste caso falan do caso de Brasil, de como se reservou o Estado a posibilidade de "infrinxir" patentes sobre medicamentos en caso de necesidade pública, xa que moitos deses medicamentos teñen un prezo desorbitado e eles teñen a capacidade de fabricalos de forma xenérica (como o caso dos retro antivirales). En Brasil anteponse o benestar dos seus cidadáns ao beneficio das multinacionais, neste aspecto.
Acordos comerciais:
Por último trátase sobre a importancia dos acordos comerciais, nos que moitas veces as grandes corporacións están por enriba da soberanía dos estados, e ata se reservan a posibilidade de denunciar aos gobernos se incumpren os acordos.
Parece incrible ver o poder e influencia que pode chegar a ter unha empresa, que recordemos, normalmente detrás dela non hai ningún responsable, é dicir, que os desastres que poida provocar unha empresa os pagará a propia empresa e non as persoas que hai detrás dela, xa que se os "xestores" alegan que actuaban de boa fe, quedan exentos de toda culpa. E se a empresa non ten diñeiro? Paga o Estado, pagámolo todos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario